Para persoas desempregadas

Para persoas desempregadas
18 de Marzo, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene ofrece formación dixital gratuíta para persoas desempregadas. O programa arrancará cunha xornada informativa que terá lugar este martes, día 18, ás doce, no salón de plenos da Casa do Concello. A primeira formación dará comezo o 24 de marzo en horario de mañá. 



 

ESCOITA O PODCAST:



Potenciar as competencias dixitais das persoas desempregadas para aumentar as súas oportunidades laborais é o obxectivo deste programa de formación dixital. segundo destacou a concelleira de Emprego, Cristina Garcia. O programa consta de tres niveis de formación (básico, intermedio e avanzado), cunha duración de 200 horas cada un. O alumnado que complete a formación recibirá un ordenador de agasallo para que poida continuar desenvolvendo os coñecementos adquiridos. Para máis información, pódese acudir á web dixitalizate.es ou ao servizo de orientación laboral do Concello de Fene, no teléfono 981 492 767 ou no correo electrónico orientacion.laboral@fene.gal

Institucional

Publica o teu comentario agora