Para protexerse de agresións

Para protexerse de agresións
27 de Xaneiro, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Defensa persoal para nenas, mozas e mulleres adultas. A área de Igualdade do Concello de Fene ofrece formación en Defensa persoal, Autoconfianza e Empoderamento. Imparte dous cursos, un para mulleres adultas e outro para rapazas de máis de doce anos. Manuel Seixas é o monitor deportivo que ensina ás asistentes as destrezas nestes cursos que teñen lugar de outubro a xuño. 

ESCOITA O PODCAST:

“Cada situación é distinta, unhas teñen un risco e outras outro”. Por iso non é doado dar un consello para unha muller vítima dunha agresión, explica Manuel Seixas. “Evitar o conflito sempre é o mellor, se podes, manter a distancia e evitalo”, apunta.

Moitas mulleres demandan actualmente formación en defensa persoal. Para asistir aos cursos que dá o Concello de Fene non é preciso ter unha boa forma física previa. Iso si, “a maior adestramento, mellor resposta”, advirte Manuel Seixas. Son os martes e xoves pola mañá para mulleres adultas, e pola tarde para adolescentes. En total, 36 mulleres e mozas  asisten ás sesións nas que aprenden técnicas para defenderse dun posible ataque.

Institucional

Publica o teu comentario agora