Para rapazada entre 4 e 10 anos

Para rapazada entre 4 e 10 anos
09 de Xuño, 2021 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

O noveno campus de natación artística organiza o Club Sincro Ferrol para finais deste mes de xuño. Celebraráse entre o 23 e o 30 de xuño no polideportivo Javier Gómez Noya, na piscina de Caranza. Vai dirixido a nenos e nenas que se queiran iniciar no mundo da natación artística ou sincronizada. 

María Permui, directiva do Club Sincro Ferrol

O campus prolongarase de 9,30 a 13 horas, ainda que haberá servizo de gardería a partir das 9 e de 12 a 14 horas. O prezo ascende a 60 euros, incluindo pinzas e gorro do club. Facilitan máis información no 698184976 e en clubsincroferrol@gmail.com 

Deportes

Publica o teu comentario agora