Para un futuro mais verde, os océanos contan contigo

Para un futuro mais verde, os océanos contan contigo

06 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Baixo este lema celébrase, este mércores 8 de xuño, o Día Mundial dos Océanos. Co gallo desta data, ADEGA xunto coa CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) e a Federación Galega de Surf  desenvolverán na praia do Ancoradoiro (Muros) varias actividades sobre os impactos da grande cantidade de lixo antrópico que vertemos aos océanos. Visitarán o ecosistema dunar e farán unha l

As actividades comezarán ás 11h cunha pequena presentación dos problemas actuais dos océanos e, sobre todo, incidirase na grande cantidade de plásticos e residuos que albergan todos os mares do mundo, a súa orixe e as súas causas.

Posteriormente realizarase unha limpeza da praia tendo especial precaución co ecosistema dunar, tentando non alterar a flora e a fauna destes hábitats. A retirada de lixo será manual e recollerase a maior cantidade posible de plástico e outros materiais de orixe antropoxénico que aparezan na praia, organizando este lixo en función da súa orixe. Os refugallos concentraranse en lugares determinados para facilitar a sua retirada por parte dos servizos de limpeza municipal.

Pola tarde e despois de xantar o presidente da CEMMA, Alfredo López, comentará as  tarefas de seguemento das poboacións de cetáceos e tartarugas mariñas que realiza a súa entidade e explicará as actuacións no caso dun varamento.

Sairase dende Compostela (local de ADEGA na Travesa dos basquiños 9, baixo) ás 10 da mañá. A xornada en Muros comezará ás 11 horas aproximadamente no punto de encontro. O paracadoiro da praia do Ancoradoiro.

Información e inscricións: Lucía Parente (ADEGA) tlf. 981 570099 /669 806908; lucia@adega.info.

Sociedade