Para vixiar a costa cantábrica

Para vixiar a costa cantábrica
29 de Maio, 2020 - 10:18 h. | Publicada por Radio Burela

O patrulleiro de altura "Serviola" sae á mar o 1 de xuño para realizar unha nova misión de vixilancia e seguridade marítima na costa da Península até o 12 de xuño. A misión do buque da Armada Española é implementar o control das augas xurisdiccionais do océano Atlántico e do mar Cantábrico.

O buque Serviola na ría de Ferrol

Durante este despregamento, o Serviola estará dirixido polo Mando de Operacións, a través do Mando de Vixilancia e Seguridade Marítima (MVSM) da Armada. Como parte da súa misión de vixilancia e seguridade marítima dentro das operacións permanentes das Forzas Armadas, correspóndelles aos buques da Armada monitorizar a actividade marítima, contribuír ao coñecemento da contorna marítima na área de operacións asignada, segundo un comunicado do Ministerio de Defensa.

Institucional

Publica o teu comentario agora