Paradigma de escritor comprometido

Paradigma de escritor comprometido
04 de Abril, 2020 - 10:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Manuel Antonio foi un digno paradigma do escritor comprometido coa súa cultura. Son moitos os textos que responden á necesidade de facer pedagoxía exaltando a nosa fala, os nosos cantares, os nosos costumes artesáns, que conectan a literatura do escritor rianxeiro coas preocupacións culturais e políticas das Irmandades da Fala.

ESCOITA O PODCAST:
Manuel Antonio, Unha vida en rebeldía

Para o seu biógrafo Xosé Luís Axeitos, Manuel Antonio saíu a flote pero foi un poeta minoritario. Galicia foi a súa paixón e a súa relixión, e a literatura a súa particular ferramenta para acadar a liberdade individual e colectiva. Manuel Antonio naceu en 1900 e morreu en 1930.

 

 

AXEITOS, XOSE LUIS. Manuel Antonio Unha vida en rebeldía. Xerais. Vigo.2017

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora