Parallé, un poeta culto que chega ao pobo

Parallé, un poeta culto que chega ao pobo
17 de Febreiro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A poesía de Pérez Parallé é galega e autóctona, conclue Méndez Ferrin, quen se referiu tamén ao nome da parroquia onde vivía o segrel: “Barallobre é un nome celta, inequivocamente celta, que nos fala do máis arcaico, do máis profundo das nosas raices no tempo”, indicaba o escritor na Liga de Amigos en 2007. Parallé é un escritor excepcional porque non forma parte de ningún cenáculo, pero é semente, vai directamente a fundirse co pobo e a levar a súa mensaxe ao pobo. Esa mensaxe é a recuperación do galego. Defende un modelo de lingua elevado, de lingua literaria, utiliza un idioma culto pero que chega ao pobo. Indica Ferrin: “Con persoas como Parallé se constrúe unha literatura. Son imprescindibles”.

ESCOITA O PODCAST:

Xosé Luis Méndez Ferrin falando de Pérez Parallé:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/130225FERRIN.mp3

 

Fotografía Xan Xe

A miña xeración naceu baixo o estrépito dos disparos e das bombas, confesou Xose Luis Méndez Ferrin en Barallobre no marco da súa disertación sobre Pérez Parallé. Sendo un poeta culto consegue ese milagre que é a conexión co pobo. Ferrín agrupou a Parallé con Carvalho Calero, Garcia Sabell, Aquilino Iglesia Alvariño, Luis Seoane e Alvaro Cunqueiro. Estes autores eran supervivintes da República e pensaron en transmitirlle palabras e esperanzas a outra xeración. 

 

 

Imaxe: Sepulcro de Pérez Parallé. Cemiterio parroquial de Barallobre

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora