ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xosé Filgueira Valverde,con gran perspicacia literaria recoñece a Pérez Parallé como un poeta importante. O segrel forma parte dun grupo de autores que beben da literatura medieval. Esa é a tradición na que se inclúe. Lonxe, pero sempre presente, Rosalía de Castro. A autora de Follas Novas ensinoulle a todo o mundo a cantar coplas con voz nova e renovada, para o escritor Xosé Luís Mendez Ferrín.
A poesía de Pérez Parallé é galega e autóctona, conclúe Méndez Ferrin, quen se referiu tamén ao nome da parroquia onde vivía o segrel: “Barallobre é un nome celta, inequivocamente celta, que nos fala do máis arcaico, do máis profundo das nosas raíces no tempo”, indicaba o escritor na Liga de Amigos de Barallobre no Congreso universitario en torno ao "segrel do Penedo" celebrado en 2007. Parallé é un escritor excepcional porque non forma parte de ningún cenáculo, pero é semente, vai directamente a fundirse co pobo e a levar a súa mensaxe da recuperación do galego. Quere chegar e logra chegar ao pobo pero defende un modelo de lingua elevado, de lingua literaria.
Pérez Parallé ten un banco adicado no Monumento ao Camiñante Descoñecido en Barallobre (Fene)
Na imaxe, acto de inauguración do Monumento, en xullo de 1934
Publica o teu comentario agora