ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os sindicatos CIG, CCOO e UGT, tomaron a decisión de facer un chamamento a toda a clase traballadora e a cidadanía, para secundar unha xornada de folga xeral nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal o xoves 25 de febreiro. “Son os acontecementos os que nos levan a esta convocatoria, acontecementos dos cales viñamos alertando, e mesmo denunciando a través de mobilizacións como a cadea humana do pasado día 17” afirman.
Endesa sen alternativa, Gamesa pechada na práctica, o sector naval sen carga de traballo algunha, o peche continuo de empresas e negocios, etc. Coa consecuente perda de postos de traballo e recursos económicos e sociais. Unha situación que necesita de solucións urxentes e tanto a Xunta de Galicia coma o goberno central deben poñelas en marcha. “Non caben máis demoras, non caben máis debates estériles, so cabe actuar, e iso e o que demandamos, carga de traballo para o naval, unha transición ecolóxica xusta, sen perda de postos de traballo, proxectos de enerxías renovables que leven acompañados proxectos industriais, infraestruturas que nos deben dende fai décadas, inversións que atarían proxectos industriais, plan integral da ría que faga revivir o sector marisqueiro, así como o apoio a os servizos públicos" apuntan . Os sindicatos témolo claro, sentencian nun comunicado emitido este mediodía. "Non estamos dispostos a asumir que as nosas comarcas morran por inanición, non sen pelexalo", conclúen.
Endesa anunciou onte o fechamento definitivo das instalacións escudandose nunha suposta "inviabilidade ambiental, técnica e económica". Leva meses realizando porbas e analizando alternativas de funcionamento mediante o emprego de lodos e biomasa combinados con carbón en distintas proporcións, que deron resultados negativos, segundo a empresa. O cadro de persoal alcanza na actualidade as 81 persoas. O comité de empresa leva meses alertando do incumprimento de Endesa dos acordos asinados para a asignación e creación de prazas.
Publica o teu comentario agora