Parodia, inxenio e moita xolda no Entroido de Negreira

Parodia, inxenio e moita xolda no Entroido de Negreira

12 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Por todo o alto celebrarán o Entroido no Concello de Negreira. Mañá sábdo de Entroido é o día máis agardado polos habitantes da comarca de A Barcala co desfile de comparasas e carrozas. Máis de 20 agrupacións participarán nesta pasarela festiva. A temática dominadora deste ano será o ano xacobeo e o debate lingüístico. Parodias, inxenio e sobre todo moita diversión.

Entre as formacións particpantes no desfile atópanse “ Os remolóns “ de Vilagarcía de Arousa”, “Fantasía barroca” de Noia,  comparsas de Vimianzo ata chegar á veintena. Na modalidade de grupos pequenos ( menos de 14 persoas) son moitos os que se apuntaron a esta festa carnavaleira de Negreira. Parodiárase a crise económica, os vixilantes da praia e tamén a televisiva familia Alcántara daranse cita no entroido nicrariense. Asemade terán o seu oco os disfraces individuais. En total repartiranse 5 mil euros en premios. 1000 ao gañador, 600 ao segundo, 300 ao terceiro mellor, 150 ao cuarto clasificado e dous accésits de 100 euros. 

O desfile partirá ás cinco da tarde desde a zona máis alta da vila, á altura de O Campo da Feira e de O Pazo de Cotón. Pasará pola carreira de San Mauro e como novidade, este ano rematará na Praza do Concello, na rúa Cachurra. Emilio Forján de Radio Negreira encargarase da presentación do percorrido festivo e logo se procederá ao pregón que corre a cargo dalla artística formada polo dúo humorístico do programa de televisión Air Galicia,Víbora e Porcona ( Isi e Patricia Vázquez) que toman o relevo do ano pasado ás Cantareiras de Ardebullo. 

Para abrir boca, ás dez desta noite celebrase un baile na Praza do Concello e ás doce arrinca unha festa de disfraces arrufada polo Grupo Triunfo.

Sociedade