As parroquias contarán cunha ludoteca durante os meses de xullo e agosto

As parroquias contarán cunha ludoteca durante os meses de xullo e agosto

26 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

As parroquias participantes son Cabeiro, Cedeira, Chapela (Cidadelle), O Viso (Saramagoso), Santo Estevo de Negros, Saxamonde (Chan das Pipas), Ventosela e Vilar de Infesta e desenvolveranse os luns, martes e xoves en horarios de 11 a 13 durante os meses de xullo e agosto.

Para participar nesta actividade, que é de balde, as/os menores só teñen que acudir aos centros culturais e veciñais das parroquias participantes.

Nesta mesma iniciativa desenvolvida no ano 2008 en 6 parroquias do concello, participaron ao redor de 120 nenas e nenos de Redondela.

Institucional