ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un animado coloquio sobre a literatura como terapia e as visións sociais da doenza mental rexistrouse na tarde de onte no local social da Gándara en Narón. A ASCM organizou o acto contando con persoas usuarias da propia entidade e tamén de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. O director de Radio Fene Henrique Sanfiz presentou ao escritor Antonio Tizón quen falou de novela negra e trastorno bipolar e presentou Madriña, obra publicada por Editorial Elvira. Coa colaboración de Emisoras Municipais Galegas,e a introdución de Paula Gárate, da ASCM conmemorouse así o Dia da Saúde Mental.

Tamén arredor da data, Antonio Tizón falou na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo en Mugardos, da súa saga de cinco novelas onde uitliza a intriga policial para poñer sobre a mesa, sen tabús e dende diversas perspectivas, o tema da doenza mental, e concretamente do trastorno bipolar. Nun libro que conta coas ilustracións de Mary Guinteiro, usa a palabra como ferramenta de comprensión e superación. O acto do Seixo contou coa colaboración da libraría As Lendas do Gato de Mugardos.
Publica o teu comentario agora