Partido aberto ata o final

O Maniños feminino quedou ás portas da final da Copa.
05 de Xuño, 2019 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños feminino quedou ás portas de todas as competicións. Loitaronas todas sen baixar os brazos. Queda a copa AFACO antes das vacacións.

ESCOITA O PODCAST:
MANINOSFEMCOPA2019

O final da Copa de futbol 8 feminino xogaranna o Galicia de Caranza e o Capela, o sabado 8 de xuño, ás sete e media da tarde na Gándara.

O Maniños Feminino intentouno pero as do Caranza non se deixaron. Na volta das semifinais de copa, o Maniños tiña que meter dous goles e non encaixar ningún. A estratexia estaba clara e saíu ben na primeira parte na que o equipo se puxo por diante. Pero a falta dun minuto para o descanso, empatou o Caranza cun golazo.

Na segunda metade o Cultural Maniños seguía necesitando dous tantos e logra o 2-1 pero o Galicia non lles deixou meter o terceiro. O encontro acabou cun marcador 2-3 no campo do Pote. Segundo o técnico do Maniños, Carlos Gómez, ata os dez últimos minutos, o encontro estivo aberto. As rapazas do Maniños non baixaron os brazos ata o final.

A temporada foi boa para o equipo feminino do Maniños. Quedaron ás portas de todos os títulos, por iso festexaron coa afección o final da tempada, nun xantar no propio campo do Pote. Aínda queda a Copa AFACO e por iso o equipo segurá entrenado esta e a próxima semana, antes de coller as vacacións. Na fin de semana do 15-16 de xuño xogarán a copa catro equipos: o Maniños, Perlío, Amistade de Meirás e As Pontes.

Deportes

Publica o teu comentario agora