Partido adiantado

Partido adiantado
10 de Decembro, 2021 - 10:07 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños B adianta o seu partido da Segunda Galicia de fútbol. Xoga mañá sábado ás catro e media da tarde no campo do Pote diante do Miño B. Arbitro, David Rapela. O adestrador do Maniños B Manuel Freire trasladanos o equipo que espera encontrar en fronte, un conxunto de xogadores novos e moi rápidos.

Cultural Maniños B

Segunda Galicia de fútbol. Barallobre – San Sadurniño. Domingo ás catro da tarde no campo do Ramo. A Sociedade deportiva Barallobre está desexando que chegue o parón do Nadal para poder recuperar xogadores lesionados.

Na undécima xornada da Primeira Galicia de fútbol. Maniños – Miño. Domingo ás catro e media da tarde no campo do Pote. Pita o colexiado Francisco Piñón. O Miño é un equipazo, para o técnico do Maniños Pablo Mesa. O Maniños é segundo con 16 puntos empatado co primeiro O Val. O Miño figura na quinta posición con 12 puntos.

Na Segunda División galega do fútbol feminino, o Perlío visita ao colista, o Pastoriza B en Arteixo. O domingo ás doce do mediodia. Pita Jorge Lesta. Co Pastoriza B hai que ter coidado, advirte o adestrador do Perlío feminino Juan Jose Lorenzo. 

Deportes

Publica o teu comentario agora