Partido atractivo

Partido atractivo
17 de Abril, 2023 - 02:45 h. | Publicada por Radio Fene

“Un partido atractivo”. Así define o adestrador do Barallobre, Miguel Carballeira, o encontro disputado contra o Narón O Freixo. Segunda Galicia de fútbol. Barallobre 4-0 Narón O Freixo. 

ESCOITA O PODCAST:

"Un partido bonito por parte dos dous equipos que practicaron un xogo ofensivo, buscando a porta do rival”, destaca o técnico. “O Barallobre estivo moi ben na primeira parte, con moita presenza en campo rival”. Chegouse ao descanso con empate a 0. O marcador moveuse no segundo tempo. “A finalización, que faltou na primeira parte, conseguimola na segunda e son tres puntos máis que subimos ao casilleiro”.

Deportes

Publica o teu comentario agora