Partido Popular en Mugardos e Cabanas

Partido Popular en Mugardos e Cabanas
17 de Xuño, 2023 - 12:52 h. | Publicada por Radiofusión

O Partido Popular gobernará en  minoria nos concellos de Cabanas e Mugardos. Na vila mugardesa, Esquerda Unida votou pola súa candidata. Ao non reunir ningún candidato a maioria absoluta quedou proclamado alcalde o popular Juan Domingo de Deus. Nas pasadas eleccións municipais do 20 de maio, en Mugardos resultaron elixidos os seguintes representantes:  5 PP 3 BNG, 3 PSOE e 2 EU.

Fotografía: Xan Xe

En Cabanas saiu un resultado similar. O concelleiro de Somos Cabanas Xosé Manuel Sardiña votou por sí mesmo co que ningún candidato xuntou a maioria absoluta. O popular Fernando Couce quedou proclamado alcalde. O PP ten catro concelleiros, por tres do PSOE, dous do BNG e un de Somos Cabanas. 

 

Na imaxe, público na sesión constitutiva da Corporación de Fene

Fotografía Xan Xe

Institucional

Publica o teu comentario agora