Partido suspendido

Partido suspendido
26 de Novembro, 2018 - 11:17 h. | Publicada por Radio Fene

O árbitro suspendeu no minuto 75 o partido de fútbol da Segunda Galicia entre o Xuventude de Cabanas e a S.D.Barallobre. O marcador reflexaba empate a uns e o colexiado expulsou ao delegado do equipo visitante. Segundo o adestrador do equipo do Ramo, tras unha discusión co delegado, decidiu suspender o encontro.

ESCOITA O PODCAST:
Marcos Díaz e David Maceiras defenden a portería da S.D.Barallobre

O Barallobre presentará alegacións estimando que non había razóns para unha resolución tan drástica. Trátase da primeira xornada nesta segunda fase da Liga, na que o Barallobre pretende quedar o máis arriba posible.

Deportes

Publica o teu comentario agora