Partido suspendido por unha bolsa de auga

Partido suspendido por unha bolsa de auga
25 de Novembro, 2024 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

Ural Español - Perlío. Suspendeuse o partido polo temporal. En concreto por unha bolsa de auga formada no terreo de xogo. Estaba previsto para onte domingo ás oito da tarde no campo de Agrela un na Coruña. Pero desde as sete da tarde empezou a caer un temporal de choiva e vento na cidade herculina. O responsábel do campo dixo que sen permiso do Concello non podía picar a bolsa. A colexiada do encontro Camila Arauxo decidiu suspender o encontro porque xogar nesas circunstancias poñía en perigo a integridade dos xogadores.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co míster do Perlío Mario López:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/251124LOPEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

A dificultade estribará agora en atopar unha data para o partido. O Perlío xoga á Copa o dia 6 de decembro e se se clasifica terá tamén ocupada a data do 29 dese mes. 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora