Partidos aprazados

Partidos aprazados
28 de Xaneiro, 2022 - 12:50 h. | Publicada por Radio Fene

A fin de semana futbolística comeza esta mesma tarde. As oito o Maniños B desprázase a Cabanas para xogar co equipo local un partido de fútbol da Segunda Galicia aprazado no seu dia polo coronavirus. O Maniños, actual líder da Primeira Galicia de fútbol, xoga co segundo clasificado, o Club Deportivo Narón. O partido xogarase no campo de herba da Gándara en Ferrol. O domingo ás catro e media da tarde. Tamén o domingo pola tarde e na mesma categoría o Perlío viaxa á Coruña. O seu xogo será co Sporting Ciudad. Máis madrugará o Barallobre. Vai a Pontedeume nun partido que se xogará o domingo pola mañá. 

 

ESCOITA O PODCAST:

O directivo do Cultural Maniños fala da xornada futbolística

http://173.255.131.18/audio/280122FERNANDEZ.mp3

Fotografía Xan Xe

Fotografía: Xan Xe Corral

Na Primeira Galicia de fútbol o Perlío visita ao Sporting Ciudad. O partido xógase o domingo ás catro da tarde no campo da Grela. O técnico do Perlío Chechu Piñeiro destaca do Sporting Ciudad da Coruña que é un bloque compacto. Saben ao que xogan e non deixan fisuras. Na Segunda Galicia o Barallobre visita ao Eume B. O partido o domingo ás 12 da mañá no campo da Gándara de Pontedeume. O adestrador do Barallobre Óscar Varela falou do rival e tamén do momento que atravesa o equipo do Ramo. O Maniños B xoga esta tarde fronte ao Xuventude de Cabanas no campo da Veiga. O domingo visitará ao Moeche no campo municipal. En fútbol feminino, o Maniños viaxa a Ferrol. O Galicia de Caranza é o actual campión da Copa. O adestrador do Maniños Carlos Gómez falou así do conxunto de Caranza: "É un conxunto moi potente que levan tempo xogando xuntas e están moi compenetradas". O Maniños lidera a clasificación da Primeira Galicia de fútbol.. suma 25 puntos polos 23 do segundo clasificado o Narón. Esta fin de semana enfrontase ao Narón.

Deportes

Publica o teu comentario agora