Pasárono de medo

Pasárono de medo
30 de Outubro, 2025 - 10:55 h. | Publicada por Radio Fene

Os centros educativos de Fene festexaron esta mañá o Samain con orixinalidade e implicación. As ANPAs, direccións, familias e a rapazada pasárono de medo. No Colexio Os Casais de Maniños prepararon e decoraron unha aula do medo terrorífica con cabazas elaboradas polas familias. A ANPA preparou un obradoiro de colares de zonchos. O profesorado leu relatos de medo ás escuras. As telarañas xa decoraban os corredores do centro antes de entrar.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa coa directora do Colexio Os Casais de Maniños Lorena Pita:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/301025PITA.mp3

Toda a comunidade educativa de Maniños implicouse na festividade do Samain.

Cultura

Publica o teu comentario agora