Pasa factura

Pasa factura
02 de Febreiro, 2026 - 02:00 h. | Publicada por Radio Fene

O sedentarismo vai a máis e causa moitos problemas de saúde. Hai unha cultura da comocidade que o fomenta. E a evolución dos hábitos de vida, no traballo e no ocio, tamén avanzan nesa dirección. Falamos dos males do sedentarismo no espazo Vilanova de Radio Fene co psicólogo e preparador físico José Barcia Tuccelli. 

ESCOITA O PODCAST:

Botar moitas horas sentado non é saudable e pasa factura. Convén romper ese tempo levantándose cada certo tempo para mover o corpo. Barcia Tuccelli explicou que hai que distinguir sedentarismo de inactividade física e desmitificou a receita dos 10.000 pasos. Andar 10.000 pasos é un bo obxectivo motivador, pero non ten base científica. E non pode aplicarse a todo o mundo porque nin somos todos iguais nin as nosas circunstancias son idénticas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora