ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Máis alá dos retratos dos fillos das familias burguesas acomodadas, nos cadros de Sorolla aparece rapazada estudando ou xogando despreocupada pero tamén nenos e nenas das clases sociais máis desfavorecidas que deben traballar para contribuír ao sustento das súas familias. A aproximación do pintor valenciano ao traballo infantil está exenta de crítica social e simplemente amosa a uns protagonistas realizando todo tipo de tarefas manuais. Na pesca ou no traballo da cordoería alude á desigualdade da sociedade en cadros como A Esmola.
Sorolla utiliza o seu tema favorito -o mar- para representar a doenza na infancia. A auga escura e ameazante é o telón de fondo de nenos e nenas que carecen de saúde. A exposición "A infancia na pintura de Sorolla" clausurase este domingo 13 de novembro na Fundación Bancaja (Plaza de Tetuán, 23. Valencia). As oitenta e seis obras seleccionadas proceden de corenta coleccións públicas e privadas de España. Abarca todo un mundo de tarefas infantís.
Publica o teu comentario agora