Pasados os cen días

Pasados os cen días
30 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Terreos para novo Centro de Saúde, ampliación do Polígono de Vilar do Colo e paso elevado sobre a vía do tren. Temas que o voceiro municipal do Partido Popular, Gumersindo Galego, sinala como prioritarios para Fene.  

ESCOITA O PODCAST:

O voceiro do PP amosouse crítico coa xestión do Goberno municipal pasados os primeiros cen días de cortesía. “É un goberno de conservación e mantemento porque non hai iniciativa e, naqueles temas de toda a vida, seguen sen avanzar”, manifestou Galego en Radio Fene. Tamén anunciou que o PP pedirá no próximo pleno municipal que o Concello apoie á Xunta contra o recurso de inconstitucionalidade que presentou o Goberno central á Lei do Litoral.

Institucional

Publica o teu comentario agora