Pasalo ben aprendendo

Pasalo ben aprendendo
20 de Febreiro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aprender do corpo. Como é e como evoluciona. Ou do espazo. Son dúas recomendacións de libros de banda deseñada que recomenda Juanma Sánchez, da tenda Cáprica.

ESCOITA O PODCAST:

“Anybody” é un libro, a modo de abecedario “cheo de humor e cariño”, sinala o xerente de Cáprica. “Para ter maior aceptación e tolerancia sobre nós mesmos e os demais”. A través da evolución dunha familia co paso dos anos.“Como din ao principio, é un libro para todas as persoas que teñen corpo e para todas as persoas que están espidas debaixo da roupa, é dicir para todos”. 

Recomenda tamén outro título “Sabias que? El Espacio”. Forma parte dunha colección de cómics. Neste caso para aprender, de forma amena, curiosidades e datos sobre o espazo. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora