Pasarlle a garlopa

Pasarlle a garlopa
04 de Decembro, 2023 - 11:12 h. | Publicada por Radio Fene

O adestrador Adrián Martinez debe pasarlle a garlopa ao Maniños, ensinarlle modos correctos para transformar as ocasións de gol. Na tarde do domingo, no campo do Pote, Maniños 0 - 1 Boimorto. Primeira Galicia de fútbol.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Adrián Martinez, adestrador do Cultural Maniños:

http://173.255.131.18/audio/041223MARTINEZ.mp3

Fotografía Xan Xe

“A eles expulsáronlles ao porteiro no minuto 70 por coller o balón coa man fóra da área, pero non logramos traspasar a súa defensa. Levamos tres partidos sen gol e necesitamos resolver ese problema, a pesar de que somos cada vez máis sólidos en defensa” indica o técnico do Pote. 

 

Fotografía: Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora