Pasear o can

Pasear o can
09 de Xullo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Os paseos, un mínimo de tres cada día, son imprescindibles para o benestar dos cans. Para que fagan exercicio físico e socialicen. Se non pasean poden desenvolver problemas de comportamento asociados ao estres ou medo. Son indicacións que nos deu en Radio Animal o especialista en comportamento canino Diego Ponce

ESCOITA O PODCAST:

“Un can que non pasea diariamente pode desenvolver ansiedade”, avisa o experto. “Necesitan desenvolver as súas capacidades naturais, traballar o seu físico”. “Dependendo da súa idade e condición física, deben pasear entre unha e tres horas en total. É necesario que o paseo lles permita desafogar fisicamente, e que o fagan ao seu ritmo”. Sobre os pipicans opina que “hai que ser moi coidadoso con que cans interactúa, se é noviño non é boa idea levalo, porque aínda non ten habilidades de socialización e pode crearlle malas experiencias”. O paseo pode ser un bo momento para practicar a obediencia, pero a prioridade é que sexa un tempo de gozo. Senón “pode ser frustrante para o can”. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora