Paseo polo Xardín Luís Seoane

Paseo polo Xardín Luís Seoane
10 de Outubro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Repouso, xogos para nenos e árbores interesantes ofrece o Xardín Luís Seoane de Perlío. Visitámolo coa responsable da Oficina Municipal de Turismo, Estefanía Purriños. 

ESCOITA O PODCAST:

Perlío gañou esta zona verde nos anos 80. O Concello de Fene creou o Xardín Luís Seoane nuns terreos que lle cederon aproveitando a remodelación da estación de Perlío, explicou a técnica de Turismo. “É un espazo alongado, parello á vía do tren, con área de repouso e zona de parque infantil. Tocante á vexetación, os exemplares que poden chamar a atención neste xardín son as roseiras de pé alto, un falso cafeto ou aucuba xapónica, palmeira da sorte, a cordilina, doada por unha veciña de Barallobre, entre outras especies, segundo nos relatou Estefanía Purriños. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora