A Pasionaria é unha das Mulleres da exposición de Marisa Flórez.

A Pasionaria é unha das Mulleres da exposición de Marisa Flórez.

05 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ás 20.00 horas inaugurase na Casa da Cultura de Fene a exposición “Mulleres” imaxes da transición politica española, da fotoxornalista Marisa Florez.A editora gráfica do xornal “El País” amosanos unha colección de 39 imaxes da Transición, acompañadas por textos de Estrella Diego. O fotógrafo Xurxo Lobato, comisario da mostra, califícaa como un documento histórico, simbólico da liberdade de e

Estamos diante dunha homenaxe á muller que representa un papel fundamental nese momento histórico de cambio político. O fotógrafo galego, Xurxo Lobato, comisario da mostra itinerante que empezou en Santiago a principios deste ano e chega hoxe a Fene, afirma que veremos “Mulleres”, á Pasionaria entrando no Congreso dos deputados; ás últimas presas de Yeserías, ás chicas Almodovar ou a unha Susana Estrada ao lado do alcalde de Madrid, Tierno Garbán, que revolucionóu a mirada dos españois.

Marisa Flórez foi unha das primeiras fotoxornalistas tal e como entendemos hoxe a profesión porque, segundo Lobato, na Dictadura non se podía fotografar nada e as fotos dos xornais escollíaas o réxime.

Ás 8 da tarde inaugúrase Mulleres na Casa da Cultura de Fene. Unha parada no camiño desta mostra que empezóu a itinerar por Galicia a primeiros deste ano grazas á deputación Provincial da Coruña e ao Premio de Fotografía, Luís Ksado.

Sociedade