ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O conxunto revelación da Segunda Galicia de fútbol continua na competición con pase firme. O Pote venceu este domingo ao filial do Galiica de Mugardos

SEGUNDA GALICIA (GRUPO 3ºA.- 1ª FASE FERROL) Xornada 6
ACRD O POTE 4-2 GALICIA MUGARDOS
Gran ambiente en O Pote o domingo pola mañá para ver este interesante partido. Na primeira metade, o equipo local foi mellor, anotando 1-0 no 37 a través de Marcos Alonso que batía ao porteiro visitante, Alex Yañez. Na segunda metade, Alex Ponce no 52 facía o 1-1 para o Mugardos "B". Os de Manel Freire foron serios en defensa e xeraron perigo ao contraataque. Puxéronse cun 3-1 con dous goles de Alex Feal nos minutos 53 e 66 de xogo, respectivamente, Alex Fernández no 72 puxo o 3-2 transformando para o filial da Pedreira. O local Sergio Fernández, no 82 sentenciaba o partido establecendo o 4-2 defintivo para o conxunto da parroquia de Maniños. Tres puntos importantes para a ACDR O Pote, que visita ao Numancia de Ares o vindeiro domingo, cos dous equipos inmersos na loita por clasificarse para o grupo principal da Segunda Galicia.
Publica o teu comentario agora