Paso a nivel con ascensor

Paso a nivel con ascensor
16 de Maio, 2023 - 02:25 h. | Publicada por Radio Fene

Adif está a redactar a proposta de convenio co Concello de Fene para a creación do novo paso sobre a vía do tren en Perlío, segundo informou o alcalde, Juventino Trigo. Froito das xestións realizadas polo Concello, conseguiuse desatascar un proxecto que mellorará a seguridade e axudará a vertebrar a zona

ESCOITA O PODCAST:

http://173.255.131.18/audio/160523TRIGO.mp3

Fotografia de arquivo. Decembro de 2020

 

“A maior importancia é a seguridade porque son centos de persoas as que cruzan a diario por este paso vicioso, pero ao mesmo tempo vainos axudar a vertebrar a parroquia de Perlío, como na parte alta están a igrexa, o cemiterio parroquial e o centro da terceira idade, hai moita xente que cruza habitualmente por aí”, manifestou a Radio Fene o alcalde. A solución elixida polos técnicos municipais entre as seis alternativas que presentou Adif supón a creación dun novo paso, dotado con ascensor, no mesmo lugar onde está o que se vai suprimir. Unha vez que Adif teña redactado a proposta, o convenio deberá ser aprobado polo Pleno do Concello que se fará cargo do mantemento e aportaría a metade do investimento necesario en varias anualidades.

Institucional

Publica o teu comentario agora