ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O fútbol feminino trouxo bós resultados na última xornada da Liga Futbol 8. Nos Pinares, Perlío 2- Discalzas 0.
Juanjo Lorenzo amosábase ledo polo salto que veñen de dar fronte aos Discalzas poñéndose por diante. Perlío 2- Discalzas 0, quedou reflexado no marcador. Segundo o xogo visto nos Pinares, a vantaxe puido ser maior, en palabras do técnico do Perlío, porque tiveron controlado o partido en todo momento. Os goles entraron na primeira parte e foron de Sofía, no minuto 14 e de Iria no 26. A cruz do Perlío son as dúas xogadoras lesionadas. Noe acaba de empezar a entrenar e probablemente non estea lista para xogar ata dentro dun mes.
O Perlío ten un novo reto o próximo sábado, ás 20:15h no campo da piscina en San Sadurniño, outro rival directo para o Perlío. De superar este encontro darían as fenesas outro salto na táboa. Neste momento o Perlío é sexto con 30 puntos e o San Sadurniño ten 33. Será un reto difícil, en palabras de Juanjo Lorenzo, porque as do Sansa xogan moi ben, están en racha, a pesar da caída no Pote da semana pasada, e xogan na casa.
Publica o teu comentario agora