Paso a paso na Fashion Night

Paso a paso na Fashion Night
10 de Xuño, 2022 - 12:46 h. | Publicada por Radio Fene

160 bailaríns de Paso a paso farán as súas demostracións de baile urbano mañá sábado na Fashion Night de Fene. Exhibicións de hip hop  e baile moderno. Ofrecerán as coreografias ás 7,30 da tarde na praza do cine Perla, ás 8,40 na Praza do Casino, ás 10 da noite na Praza Ramón Souto e as 10,30 nas escaleiras do parque Castelao. Unha das múltiples actividades da Fashion Night de Fene. Mañá sábado ofertas e promocións no comercio de Fene, de seis da tarde a doce da noite. Participan trinta e sete establecementos entre comercio, hostalería e servizos.

ESCOITA O PODCAST:
Bailaríns de Paso a paso

Escoitamos a conversa con Pau e Patry Maceiras, directora e coordenadora da escola de baile Paso a paso, un centro que participará tamén o 24 e 25 de xuño no campeonato de España de Hip hop que se celebrará en Narón.

Sociedade

Publica o teu comentario agora