ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fene apoia aos seus talentos. Nenos e nenas de Fene e Narón están a vivir unha experiencia marabillosa froito do seu talento para o baile, tamén do seu esforzo, coa participación nun concurso de televisión. Son Lil-Kids, rapaces e rapazas de 11 a 18 anos, bailaríns de danza urbana, formados na Escola Paso a Paso, que foron quen de chegar á final do certame Got Talent España. Falamos dos seus logros con Paula e Patricia Maceiras, que dirixen Paso a Paso, e co concelleiro de Deportes de Fene, Adán Chao.
“A gozar e a defender o que temos e o que sabemos facer”, di Paula. Así prepara Lil-Kids a final do concurso de televisión que emite Telecinco. Rapaces e rapazas de Fene e Narón “a maioría levan con nós desde os tres aniños, para a final contamos con David Amor, campión de España de breakdance, foi un puntazo”. “Para eles é un soño, creo que aínda non saben realmente onde están, nós igual que eles, estamos apurados, non dá tempo a parar e pensar”, engade Patricia. “Non”, responden ao unísono á pregunta de se contaban con acadar a final. “A semifinal foi unha loucura”. “Paso a paso chegamos á final”. O sábado, día 9 será a cuarta e última semifinal. Domingo e luns tocará ensaiar a nova coreografía. O martes, 12, gravarase a final que probablemente se emitirá na televisión o seguinte sábado.
Moi arroupadas. Senten o apoio da comarca. “Darlles as felicitacións polo paso que deron chegando á final. No Pote de Maniños, puxemos unha pantalla para que puideran ver a semifinal as familias das participantes. Agoa estamos mirando tamén algo que estea á altura para a final”. A metade das participantes son de Fene, a outra metade de Narón. E o equipo séntese arroupado pola comarca.
Publica o teu comentario agora