Pasou factura

Pasou factura
24 de Xaneiro, 2023 - 02:37 h. | Publicada por Radio Fene

“Saímos durmidas”. (2-4) Maniños-Silva. Fai balance do derradeiro da primeira volta na Segunda División Galega Feminina de Fútbol o adestrador do Maniños, Juanjo Iñiguez

ESCOITA O PODCAST:

Derrota na casa “precedida do empate do outro dia co líder, non podemos regalar medio tempo”,  fai autocrítica o técnico dun partido que, iso si, foi “moi entretido e divertido”. Lorena Saavedra marcou os dous tantos para o Maniños. Tamén fixeron dobrete as do Silva Sara Gallego e Ariadna González. As rivais “non foron mellores, aproveitaron a nosa empatía na primeira parte”. Outro factor que explica a derrota “dúas accións que marcan a diferencia, non me gusta falar dos árbitros, pero o domingo equivocouse moitísimo”. Descontento tamén coa actitude do equipo da Coruña “isto vén precedido dun partido na temporada, démoslles auga e devolvérona porque trouxeron a súa propia auga, a primeira vez que me pasa”.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora