Pasou factura o físico

Pasou factura o físico
14 de Marzo, 2023 - 11:26 h. | Publicada por Radio Fene

Resultado negativo para o Perlío, que sufriu as consecuencias da falta de efectivos. Perdeu na casa contra as coruñesas da Silva, nun partido que comezaron adiantándose no marcador cun gol que marcou Iria. CCRD Perlío 1-2 Silva SD.

ESCOITA O PODCAST:

“A clave foi o físico, nos últimos 20 minutos, cando nos meteron o segundo gol o equipo xa estaba bastante canso, antes estivera moi igualado pero o físico foi clave no final do partido”, explica o técnico Carlos Carballo, Vinky. “A primeira parte estivo moi igualada. Adiantámonos no minuto 35. O segundo gol cóllenos nunha contra. Mentres o físico aguantou estivemos en todo momento metidas no partido”, destaca o adestrador.

Deportes

Publica o teu comentario agora