Paspuel: "Os fillos de inmigrantes son españois de plenos dereitos e deberes"

Paspuel: "Os fillos de inmigrantes son españois de plenos dereitos e deberes"

18 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os fillos dos inmigrantes son españois con plenos dereitos e deberes. Asegurao así o presidente da asociación hispano-ecuatoriana Rumiñaui Vladimir Paspuel. Precisamos realizar un esforzo nesa dirección porque se non, teremos unha sociedade fracturada. Ese é un deber tanto da sociedade receptora como do grupo migrante.

Segundo a asociación Rumiñahui, o fenómeno da interculturalidade debe ser recíproco e bidireccional. Os inmigrantes deben manter os elementos positivos da súa cultura pero tamén aprender outros valores.
A asociación Rumiñahui en colaboración co Concello de Ferrol organiza neste mes de decembro 4 encontros pola interculturalidade. Desenvolven un curso de formación de monitores, un obradoiro de grupos de danza e elaboración de traxes típicos, un programa en Radio Filispín e clases de comidas do mundo.

Rumiñahui é unha organización hispano-ecuatoriana sen ánimo de lucro. Defenden e reivindican os dereitos das persoas migradas, ao tempo que tratan de facilitar a súa integración e mellorar a calidade de vida e a das súas familias.

Este sábado celébrase o Dia Mundial das Persoas Migrantes. No Cantón de Molins de Ferrol instalouse unha carpa con actividades dende esta mañá. As seis da tarde comezará a degustación de produtos típicos de diferentes paises. Serviráse unha chiculatada. Logo sesión de músicas co grupo de Burela Batuko Tabanka, entre outros. No Cantón abreuse esta mañá a cuarta feira de comercio xusto Nadal Solidario.

Sociedade