Pasta de dentes eco e a granel

Hai produtos eco abondo para limpar ou lavarse
24 de Setembro, 2020 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

Hai productos eco para case todo. A limpeza do fogar e a hixiene persoal están garantidas con productos non contaminantes e envases reciclables.

ESCOITA O PODCAST:

“Apoiar a economía local. Evitar que os produtos viaxen centos de quilómetros en medios de transporte contaminantes”. Tamén atopamos produtos Eco no mercado local. É o caso da limpeza do fogar ou a hixiene persoal que nos ofrece ECO4 en Narón. Margarita Rodríguez di ter todo o necesario para manter unha hixiene correcta no fogar. Quitamanchas, lavalouzas, produtos para o chan ou diferentes tipos de deterxentes para lavar a roupa: deterxente base con ata doce aromas a elixir, para roupa branca ou de cor, para fibras sintéticas e deterxente en po.

ECO 4 inclúe na súa oferta a hixiene persoal, con xabróns, xampú, pasta de dentes – todos sen plásticos- e cosmética con algunhas cremas e aceites corporais. Outra liña de produtos ecolóxicos é dos consumibles como os estropallos de cerdas naturais ou lufa e os eco envoltorios.

Sociedade

Publica o teu comentario agora