ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As enormes dimensións das estruturas situadas en Navantia Fene chaman a atención da cidadanía. A operación contratada con Navantia consiste na instalación dun novo guindastre no buque de bandeira noruega Brave Tern, “Andoriña valente”. Conta cunha potencia de izada de 1600 toneladas e un peso de dúas mil toneladas. O anterior guindastre tiña unha capacidade de carga de 800 toneladas e unha altura sobre cuberta de cen metros.
O pórtico ten setenta e cinco metros de altura baixo viga. Os traballos comezaron en febreiro e finalizarán a finais de setembro. Trátase dun buque auto-elevador para eólica mariña da navieira Fred Olsen. Aumentaranse as capacidades operativas do navío cun contrato estimado en 750.000 horas de traballo. Ocupa a unha media de entre seiscentos e oitocentos traballadores diarios segundo os picos de produción. O Brave Tern realizou xa os labores de transporte e colocación dos jackets producidos na antiga Astano para os parques Wikinger e Saint Brieuc de Iberdrola.
Imaxe dos guindastres en Navantia Fene
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora