Patios de luz

Patios de luz
02 de Marzo, 2023 - 11:28 h. | Publicada por Radiofusión

Su Garrido presenta en Sons de Nós o seu novo disco titulado Patios de Luz. Escoita aquí a conversa da artista viguesa con Susana Falcón.

ESCOITA O PODCAST:

O outro lado, Flores Silvestres ou Rúa do Pracer son algunhas das cancións sobre as que Su Garrido fala en Radiofusión. “Sempre que visito ás miñas amizades quero ver os seus patios de luz”, comenta a cantante cando fai referencia á maxia que teñen estes espazos cos que titula o seu novo traballo discográfico. O seu estilo musical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin.

Cultura

Publica o teu comentario agora