A patria humilde e afiada

A patria humilde e afiada
11 de Marzo, 2025 - 10:53 h. | Publicada por Radio Fene

Son as nosas derrotas da patria humilde e afiada. O gol chegou nos minutos de desconto. Dumbria 1 - 0 Maniños. “Moito esforzo e mala sorte” segundo a adestradora Noelia Leiras.O equipo do Pote figura na posición número trece da Segunda División Galega Feminina, con 17 puntos. 

 

ESCOITA O PODCAST:

A adestradora do Maniños feminino Noelia Leiras fala do partido: https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/110325LEIRAS.mp3

Fotografia Xan Xe

O Dumbria é un equipo que aspira ao ascenso. As lesións provocaron que o Maniños acudira só con doce xogadoras. As da costa da Morte fallaron un penalti na primeira parte.  As do Maniños plantaron cara a un equipo que vai sexto.

 

 

Imaxe. Arquivo Radio Fene. Partido Maniños- U.Campestre. 2022

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora