Patricia Blanco gaña o certame en twitter arredor de O Principiño

Patricia Blanco gaña o certame en twitter arredor de O Principiño

07 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por

Máis de 200 propostas foron enviadas polos tuiteiros para participar no concurso organizado por Galaxia co gallo da viséxima edición en galego do clásico de Antoine de Saint-Exupèry "O Principiño". Hai dúas semanas convocábase a través de twitter e do hastag #gustameoprincipiñopor o certame no que se convidaba aos internatuas a enviar tuits que completasen os 140 caracteres e explicasen por que lles gustaba o clásico de A

"Foron algo máis de douscentas propostas que fixeron ben difícil a escolla", afirma a editorial. Algúns dos tuiteiros e tuiteiras enviaron ducias de propostas, deixando clara a súa paixón por esta historia que, en galego, chegou xa á viséxima edición.

A foto que ilustra a nova acompañaba unha das propostas de Patricia Blanco. O tuit dicía: #gustameoprincipiñopor porque mo imaxino así conversando coa súa flor. Foron moitas fotos máis as que achegou con algunhas das súas propostas. Outros participantes ofreceron ligazóns a novas de prensa ou incluso vídeos. "Un experimento interesante ao que, sen dúbida, o propio Principiño se sumaría afirmanresolven dende Galaxia.

Cultura