ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A rapazada debe ter un pouco de man esquerda para integrarse no seu grupo e na sociedade, afirma Patricia Mallo a autora do libro “Os Fantom”. Ainda que haxa na escola abusóns, prevalece o compañeirismo. “Todas as persoas por moi fortes que sexamos temos algún punto fraco”. A rapazada amosase moi receptiva e identificase moito co protagonista, indica a escritora.
Na historia de Os Fantom tamén se fala de solidaridade. Son uns fantasmas un chisco peculiares Máis que medo… dan risa. Iso é o que atopa a persoa lectora nesta novela coa que Patricia Mallo gañou a primeira edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. Unha historia que se move ás veces polo máis acó, ás veces polo máis aló, pero sempre, sempre, no territorio da gargallada máis terrofífica.
Sobre Os Fantom, de Patricia Mallo, falou a propia escritora e tamén Tatty Lavandeira, Esther Val, Andrés C.M. Riveira e Henrique Sanfiz.
Publica o teu comentario agora