ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Séculos de historia merecen un respecto. Pero, ás veces, as administracións miran para o outro lado e permiten a ruína de monumentos que forman parte do noso patrimonio. Iso sucede co Mosteiro de Monfero do que falamos en Radio Fene coa técnica de Turismo Estefanía Purriños.
O Mosteiro de Santa María Monfero está incluído na lista vermella de patrimonio desde 2008 debido ao seu estado de abandono, lamentou Estefanía. Debido ao seu estado de ruína só é visitable, e en determinados períodos, a igrexa.
Xacen nel os restos da meirande parte dos membros da familia Andrade, recalcou a especialista en Turismo. A súa orixe remóntase ao século XII cando comezou construírse o que sería a igrexa. Atribúeselle a súa fundación ó emperador Afonso VII quen din que colocou a primeira pedra o 3 de maio de 1114, a petición dos nobres Afonso Bermúdez e don Pedro Osorio. Desa primitiva igrexa románica de tres naves, que existiu ata o ano 1620, só se conserva o muro meridional. O actual mosteiro construíuse entre o 1622 e o 1656. No edificio do convento, reconstruído no século XVII poderiamos ver un claustro renacentista, un segundo claustro comezado por Juan de Herrera no século XVI, brotando, no centro do patio, auga dunha fonte barroca.
Publica o teu comentario agora