Patrimonio obriga a demoler a rampa de acceso á escola de Chamoso

Patrimonio obriga a demoler a rampa de acceso á escola de Chamoso

15 de Abril, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Patrimonio obriga a demoler a rampa de acceso á escola de Chamoso en Fene. O concello ten que buscar outra alternativa e presentar un novo proxecto, segundo o concelleiro de Obras de Fene, Antón Noceda. Realmente non é un novo proxecto porque a actuación do anterior goberno do PP fíxose sen proxecto algún, como se denunciou no seu día polos grupos da oposión que hoxe gobernan Fene. De feito a obra foi paralizada antes das eleccións municip

O concelleiro Antón Noceda adiantounos que a semana que ven se reunirá cos responsables de Patrimonio para buscar unha alternativa. O goberno fenés ten unha que consistiría en permutar terreo co propietario da finca colindante do lado da gasoliñeira. Cederlle un anaco polo fondal da finca e que este ceda outro anaco polo frente, en contacto coa estrada N 651. Desta maneira construiríase un novo acceso que esteticamente ten menos impacto e moito menos desnivel, este de 60 cm de altura. "O proceso será lento, segundo advirte Noceda, porque precisa moitos trámites, pero será legal".

Campo de fútbol de Maniños.

Con Antón Noceda falamos esta mañá doutras obras como as beirarrúas de baixada ao Carril en Barallobre  nas que a Deputación aportará o 80% do seu custe, a maiores da senda peonil que executará a Xunta no Ramo, segundo acaba de anunciar estes días. Tamén do campo de futbol do Maniños. O xoves da vindeira semana a Xunta de Goberno aprobará os pregos de contratación e xa se poderá publicar a licitación das obras. Noceda afirma que se adxudicarán a principios do verán.

As bandas rugosas para moderar a velocidade no camiño do Regueiro esperan por unha intervención que se realizará coa chegada do bo tempo, segundo o edil de obras e servizos, quen falou tamén da limpeza realizada no túnel que vai de Pan Perlío á rúa Telleiras e que discurre baixo un tramo que pertence a Estradas do Estado que é quen debe executar a reforma integral da zona. Polo demais, Fene xa recibíu a obra da rúa Gerardo Díaz esta semana, pero continúan alguns pequenos retoques que quedaron pendentes da anterior actuación neste vial que forma parte do Camiño Inglés a Santiago.

Sociedade