Paula Carballeira abre a XXV Feira do Libro de Ferrol

Paula Carballeira abre a XXV Feira do Libro de Ferrol

11 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

O Real Coro Toxos e Froles e a escritora e actriz fenesa Paula Carballeira serán os mestres de cerimonia no acto de inauguración da XXV Feira do Libro de Ferrol, prevista para as 17.30h . Paula Carballeira, pronunciará o pregón ás 18.00h. Para tal acto escolleu tres libros que utilizará na súa intervención, un de litearatura infantil, outro de poesía de Gloria Sánchez e un terceiro de contos. Polas casetas, ubicadas no Cantón,

O xornalista e polítologo Antón Losada acude esta tarde á Feira do Libro de Ferrol. Asinará exemplares do seu libro “Piratas de lo público”, entre as seis e as oito da tarde na caseta da librería Central Librera. Losada falou esta mañá en Radio Fene da sesión do Congreso dos Deputados arredor da Lei de abdicación. Preguntábase se era un debate no Parlamento ou unha cea de homenaxe ao rei, na súa condición de xubilado.

A sanidade é un gran negocio, segundo o autor de “Piratas de lo público”. A súa tese é que a sanidade, a educación e as pensións públicas están hoxe en perigo, non pola crise, senón porque son rendibles. Hai quen quere facer negocio, denuncia Losada, quen sinala que o sistema sanitario español gasta menos e é máis eficiente que nos Estados Unidos. Tamén cifrou o xornalista en 80.000 millóns o fondo de reserva das pensións, cando Rajoy chegou á presidencia do goberno. Antón Losada asina exemplares do seu libro esta tarde na Feira do Libro de Ferrol.

O Real Coro Toxos e Froles e a escritora e actriz Paula Carballeira serán os mestres de cerimonia no acto de inauguración da XXV Feira do Libro de Ferrol, prevista para as 17.30h . A actriz e escritora, Paula Carballeira, pronunciará o pregón ás 18.00h. Para tal acto escolleu tres libros que utilizará na súa intervención. A escritora fenesa declaraba esta mañá en Radio Fene, co humor que a caracteriza, que ela é a "proba vivinte de que se pode vivir do conto".

Polas casetas, ubicadas no Cantón, pasarán durante toda a semana escritores como Antón Losada ou o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, que  asinarán exemplares nesta primeira xornada.

A mostra “Carvalho Calero. De Ferrol para o mundo” instalouse a carón da feira, na Fundación Nova Caixa Galicia para reforzar a candidatura do escritor ferrolán ás Letras Galegas. Ás sete xirarase unha visita guiada. A feira contará ademais cunha biblioteca infantil atendida por unha especialista en animación á lectura.

Sociedade