ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Escritora e contacontos. Paula Carballeira estrea mañá en Muros unha obra de teatro da man do grupo Berrobambán. O domingo leva ao Auditorio municipal de Narón,, outra das súas produccións de maior éxito, Boas noites.
Arañas, formigas, escaravellos e moscas son algúns dos protagonistas das pequenas historias que integran Bicharada, a última montaxe de Berrobambán. Con só dous actores e unha actriz en escena, coñeceremos máis sobre o mundo deses seres tan pequenos que normalmente non reparamos neles. Os seus gustos gastronómicos, as súas capacidades e mesmo que tal se levan entre eles son algúns dos misterios que resolve Bicharada. O elenco intégrano Paula Carballeira, Chiqui Pereira e Manolo Panforreteiro, quen tamén se encarga da música do espectáculo, que ten dúas vertentes: unha en directo, na que os bichos tocan tres instrumentos (hang, kalimba e saxo de bambú), e outra gravada, interpretada por Carlos Castro á marimba, vibráfono e batería. Os arranxos e instrumentacións son de Vadim Yukhnevich e Manolo Panforreteiro. A voz en off que acompaña os nosos bechiños é a de Patricia de Lorenzo. Despois de pasar polo Teatro Principal de Santiago de Compostela e polo Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, Bicharada chega este sábado 21 ao Centro Cultural e Xuvenil de Muros ás 18.30. Para o domingo 29, estará ás 18.00, no Teatro García Barbón de Vigo. Nos meses seguintes, os bechiños de Berrobambán chegarán a Cedeira, O Barco de Valdeorras e Ourense.