ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A poeta de Cambre Paula Currás ven de gañar a XXXVIII edición do Premio Parallé, creado para homenaxear ao poeta fenés Xosemaría Pérez Parallé, coñecido como O Segrel do Penedo. Poeta cidadán, activista literario, promotor da celebración en Galicia do Día das Letras Galegas. A entrega do premio Pérez Parallé de poesía faráse o sábado 22 de novembro. Actuará a rondalla Estrelecer nun evento que comezará ás oito e media da tarde no Círculo de Fene.

Paula Currás (Cambre, 1996) é poeta e doutora en poesía norteamericana pola Universidade da Coruña, onde actualmente exerce como profesora e investigadora. A súa produción poética (en inglés e galego, respectivamente) foi publicada nas revistas Porridge e Dorna. En 2024 obtivo o segundo premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores, así como o XXXI Premio Xoán Díaz de Cambre en 2025.
O xurado deste ano estivo composto por: Xosé Carlos Carracedo. Graduado en Maxisterio e escritor. Na década de 2020 empezou a ublicar textos nas súas redes sociais e publicou o libro autobiográfico Diario dun confinamento.Gañou o premio de poesía Pérez Parallé en 2023. En 2024 recibiu o Premio Exeria, cunha bolsa para desenvolver un proxecto literario na Toscana, Italia. Obra publicada: Somos de Arxerís. Diario dun confinamento. Utensilios de cociña e algúns obxectos caleidoscópicos (2024).
Lucía Aldao (nada na Coruña) é unha poeta e escritora galega.Ten publicado o volume Todo isto antes era noite, poemario publicado pola editorial Apiario e forma parte de diversas antoloxías e volumes colectivos. Paralelamente ten unha ampla traxectoria como cantante e compositora, actualmente lidera o grupo Pava. Recitadora e performer creadora tamén de diversos textos teatrais.
Silvia Penas (Vigo, 1980), poeta, creadora artística e performer. O seu traballo ten como punto de partida a creación de textos, cunha forte vocación de indagar na poesía escénica. Como poeta foi galardoada en diversos certames. En 2010 publica en coautoría con Elvira Riveiro o poemario Biografía da multitude, En 2013 publica As uñas crecen, posteriormente publicou outros títulos como Diario de ladras, bailarinas, asasinas e flores ou Retratos de vodas, partos e funerais.
Publica o teu comentario agora