ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Paula Prado presentou a súa demisión como portavoz do PPdeG, a raíz da súa imputación na operación Pokemon. Continuará como deputada no Parlamento de Galicia.
Nunha rolda de prensa convocada por sorpresa esta mañá, e tras 3 meses de silencio mediático, alegou son "momentos de cambios no partido". Tamén xustificou que na súa situación -está a ser investigada dentro da Operación Pokemon- "non pode transmitir as mensaxes do partido".
A xuíz De Lara creou unha peza específica sobre Paula Prado no sumario da Operación Pokemon na que analiza as posibles intermediaciones da até hoxe portavoz popular para conseguir contratos públicos para empresas do seu marido. A maxistrada solicitou permiso á fiscalía para elevar a causa ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, xa que Prado é aforada. Corresponde por tanto ao TSXG decidir sobre a súa imputación.
Prado aclarou esta mañá na súa comparecencia que continuará sendo deputada no Parlamento de Galicia, cargo que lle permite continuar co seu aforamiento.