Pavos moi divertidos

Pavos moi divertidos
25 de Agosto, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Unha parella de pavos que discuten pero se queren son os protagonistas dun dos relatos máis divertidos de Zoom, o libro de Ramón D. Veiga sobre o que falaremos este xoves a partires das once da mañá no clube de lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe Corral

O autor fenés divertiuse moito escribindo o relato da función. “O máis simpático é o relato da función que é un diálogo entre dous pavos nun parque. A fotógrafa que ilustrou este relato dixo que se escarallara de risa, que lle gustara moitísimo. É curioso porque cada un dos fotógrafos dixo que o seu favorito era o da súa foto”. Zoom está composto por un total de doce relatos escritos a partir de fotografías. “O libro titúlase Zoom porque para min o libro era como facer un zoom da fotografía. Hai veces que falo sobre un detalle da foto, outras veces sobre as personaxes ou tamén sobre a mesma foto”, explica Ramón D. Veiga.

Cultura

Publica o teu comentario agora