ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Composicións de Astor Piazzola, Fredy Mercury, Antonio Lauro ou Carlos Vieco soarán este venres na Casa da Cultura de Fene no concerto de Juan Sebastián Vera & Dueto Ánimos (Colombia). A actuación, prevista para as oito do serán, encádrase no Encontro Internacional de Pulso e Púa 2016 que organiza a asociación cultural Pórtico das Artes coa colaboración da Deputación da Coruña, Concello de Fe
Virtuoso da bándola solista, o músico Juan Sebastián Vera participa habitualmente en producións discograficas e encontros internacionais deste instrumento. Tamén pertenceu a diversas formacións coas que sempre conseguiu importantes premios, dentro e fóra da súa terra. Compositor e docente, na actualidade, é tamén director da Estudiantina de Chía.
Sobre Juan Sebastián Vera: “A súa formación tanto no medio popular como no académico transmite esencia e emoción e logra, ao mesmo tempo, descubrir cada son e cada frase nunha linguaxe única, baseada na capacidade de expresar emocións co instrumento. A súa procura de timbres, efectos e cores potencia as calidades da obra, cun estilo propio e autónomo; realiza adaptacións e composicións propias, polo que consegue levar a cabo repertorio novo para este instrumento. Co seu traballo de grao “Bandolarium 4 obras para bándola soa”, achega a interpretación deste instrumento a técnicas novas”.
O dúo Ánimos está formado polo virtuoso da bándola Juan Sebastián Vera e polo tamén músico Luís Fernando que o acompaña coa guitarra clásica. Ambos os dous artistas son orixinarios de Chía (Colombia).